Friday 17 de May de 2024

A Casa das Ciencias celebra unha nova edición do curso de iniciación á astronomía


 

O prazo de inscrición para esta actividade, que se celebrará do 18 ao 21 de novembro, está aberto
A Concellaría de Cultura, a través dos Museos Científicos Coruñeses, informa de que a Casa das Ciencias celebra unha nova edición do curso de iniciación á astronomía. O prazo de inscrición para esta actividade abríuse o mércores 29 de outubro.
O Planetario da Casa das Ciencias organiza este curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 18 ao 21 de novembro, en horario de 19.30 a 21.30 horas. Con 75 prazas ofertadas, este curso práctico diríxese a persoas maiores de 14 anos sen coñecementos previos na materia e que desexen aprender a gozar da astronomía a simple vista. Os asistentes adquirirán coñecementos para recoñecer os planetas, estrelas e constelacións máis destacados, e interpretar os seus movementos no firmamento.
Para máis información e inscricións, na Secretaría da Casa das Ciencias e a través do número de teléfono 981 189 844.